Translate

Chat Xaque ao virus

Publicación destacada

Xaque ao Virus

Xogo virtual XAQUE AO VIRUS Qué é "Xaque ao virus"? É unha proposta en liña para a promoción da saúde físi...

Amosando publicacións coa etiqueta RETO 1. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RETO 1. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de marzo de 2020

mércores, 18 de marzo de 2020

RETO 1



RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces

Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.

Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.