RETO 1: 23 de marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida
porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser
responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio para
todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.
O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa, en
debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa.
propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos
pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á
esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos
brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á
esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
genial!. Me encanta la iniciativa. Participaré seguro y avisaré a todos mis amigos. Muchas gracias
ResponderEliminar