Parabéns!
Se estás a ver ésto, é porque significa que entre todos superastes o primeiro reto, o que significa que xa temos algún antivirus.
...seguimos e ... a por o RETO 2!!
RETO 2
Todos sabemos o importante que é o exercicio físico para o noso benestar e saúde física e mental.
Ao día é recomendable facer un mínimo de 20 - 30 minutos de exercicio, pero o quedarnos na casa non vai supoñer un problema, porque con imaxinación, diversión e moito movemento, conseguiremos superar este reto.Propoñémosvos deseñar un baile ou coreografía moi sinxela con algunha canción que nos guste. Non dubidedes en pedirlle colaboración aos vosos pais, irmáns ou quen estea convosco en casa.
Deixámosvos esta ligazón un vídeo como idea:
https://youtu.be/TExkP8vNB4k
https://youtu.be/W7co31HnEh4
Ádiante!!